
Software craftsman
Ola! son Darío Beiró Devesa
Son un artesán de software ó que lle gusta mimar os pequenos detalles
Este é o meu pequeno sitio web, se benvido

Como entendo isto de facer software
Creo que facer software é un acto colaborativo, por tanto creo na colaboración sobre a competitividade, a refactorización sobre a construción e a actitude sobre a aptitude.
Entendo o aprendizaxe, a humildade e a ética como valores mínimos e necesarios.
Creo que o meu traballo vai de persoas e non de tecnoloxías, por iso encántame escoitar e aprender da comunidade, especialmente de persoas que entenden o desenvolvemento de software como un arte capaz de transformar a sociedade e crear un impacto positivo.
Así é como o entendo, e así é como o sinto.

Un pouco máis sobre min
En xeral son unha persoa curiosa e inquieta.
Gústame moito saír ó campo e estar rodeado de natureza.
Disfruto das cousas pequenas, como dun bo café ou de ver formigas.
Gústame o modelismo histórico, polo que paso tempo facendo todo tipo de cacharrada (intentando). Prefiro ir en tren a ir en avión, aínda que estes últimos gústanme moito. Os xogos de mesa, os videoxogos (especialmente os de estratexia ou os simuladores) o cine e a música son cousas das que disfruto moito.
Como deporte quédome co fútbol, aínda que practico esgrima histórica, actividade que fago na mellor escola de compostela.
Feito en Galiza